Carballo Vivo organiza unha ruta a cabalo e en bicicleta para o 29

A Asociación Carballo Vivo de Friol celebrará o 29 de setembro unha nova ruta a cabalo que compaxinará cunha ruta en bicicleta de montaña.

A celebración dará comezo ás 10.00 horas coa concentración dos participantes a cabalo e en bicicleta, que terá lugar no curro das bestas do Carballo. Media hora máis tarde tomarán a saída para facer este percorrido, que rematará cun xantar, tamén no curro, que terá un prezo de 20 euros.

Pola tarde, a organización sorteará un poldro do monte, nacido no 2018 entre todos os presentes.

Os interesados en participar poden inscribirse ata o 27 de setembro con Toño (687 660 966) para a ruta a cabalo en con José Manuel (647 084 545) para a ruta en bicicleta.

Etiquetas