Skip to main content
ActualidadeBegonteFriol TERRACHÁXARábade TERRACHÁXA

Entregados en Friol os diplomas aos membros do programa Actívate 2

Por 15 Setembro, 2018Sin comentarios

Próximamente conclúe o Programa Integrado de Actívate 2, iniciado en decembro do ano pasado e que finaliza a finais de ano e promovido e impulsado polos concellos de Friol, Outeiro de Rei, Begonte e Rábade, sendo o Concello de Friol o xestor e principal promotor, neste plan participaron 85 persoas en situación de desemprego.

O proxecto está financiado cunha axuda da Consellería de emprego por un importe de 204.000 euros e cofinanciado así mesmo coas achegas das cantidades restantes polos concellos participantes.

O alcalde de Friol, José Angel Santos, presidiu a entrega de diplomas aos participantes dos catro municipios que están incluídos e agradeceu á Xunta, concretamente á Consellería de Economia e Emprego, a implicación que ten neste proxecto, “aportando as ferramentas necesarias para que desde os concellos podamos formar e inserir nas oportunidades laborais aos nosos veciños desempregados”.

A esta alturas do programa supérase con fartura a cifra mínima de inserción establecida dado que o número de participantes no Plan e que están traballando no sector privado ascende á cantidade de 26 persoas, neste momento prevese superar o obxectivo inicial de inserción laboral, xa que o alumnado foi formado en diferentes materias como mobilidade laboral, habilidades sociolaborais, emprendemento, todo iso de gran utilidade para incrementar as oportunidades de acceso ao mercado laboral.

Ademais, se impartiron cursos de prevención de riscos laborais, manipulador de alimentos, carretillero, etc, co fin de aumentar a súa formación académica e currículum. Tamén existiron accións formativas como Operacións básicas de bar e restaurante, Actividades auxiliares de almacén e Técnicas Administrativas Básicas. As prácticas realizáronse en empresas dos municipios que formaban parte do programa.

Os alcaldes dos catros concellos móstranse satisfeitos co resultado do programa e coinciden segundo o alcalde de Friol, “en seguir colaborando e traballando pola creación de emprego, pola formación dos veciños desempregados para que sexa máis doado conseguir o obxectivo final, que non é outro que o de inserirse non mercado laboral e por suposto para que esa inserción laboral sexa de calidade”.

O rexidor Friolés, José Angel Santos, puntualizou que “son moitos os participantes dos catro municipios beneficiados por este plan, iso é debido á sensibilidade e implicación dos alcaldes destes concellos que se marcan como obxectivo combater o desemprego dous seus municipios, e atrévome a sinalar que continaremos loitando por seguir acolléndonos a este tipo de plans tan favorables para vos nosos veciños que por desgraza se atopan sen traballo”.