Vilalba celebra conxuntamente o Campionato galego de BTT e a Ruta Serra do Xistral-Monteseivane

Vilalba acollerá o domingo 23 o Campionato de Galicia BTT-Maratón, proba que coincide coa XVI Ruta Serra do Xistral-Monteseivane, na que participarán máis dun cento de atletas.

Para a proba competitiva, a organización estableceu as categorías elite sub23, máster 30 e master 40, tanto feminino como masculino, e máster 50/60 masculino. Todos eles teñen por diante un percorrido de 80 quilómetros e 2.225 metros de desnivel acumulado. Só poden participar na mesma deportistas federados.

Paralelamente realizarase a tradicional ruta cicloturista, que sairá cinco minutos despois da proba competitiva, que ten o seu inicio ás 9.30 horas na área recreativa da Magdalena. Esta será a XVI edición desta ruta para afeccionados á bicicleta e que terá percorridos para todos.

A inscrición para esta proba, a través da web championchipnorte.com, rematará o xoves ás 22.00 horas.

Etiquetas