Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol presenta o proxecto de reforma do centro sociocultural

Por 20 Setembro, 2018Sin comentarios

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou o proxecto de reforma integral do centro sociocultural desta localidade, obra que será licitada nas vindeiras semanas. 

O edificio conta cun salón de actos con capacidade para 300 persoas, é a sede da biblioteca municipal de Friol e alberga varias aulas destinadas a diferentes usos. O principal é a programación de actividades e prestación de servizos de carácter social dirixidos a diversos colectivos, como o de persoas maiores. 

O proxecto contempla unha rehabilitación integral das tres plantas do edificio, inaugurado no ano 1997 no centro de Friol e que actualmente presenta numerosas deficiencias. Unha das principais accións que se pretenden é a eliminación das humidades que afectan á estrutura, mediante o illamento das paredes e a renovación da cuberta. A proposta inclúe unha reordenación do interior do inmoble para que sexa máis accesible, funcional e cómodo para as persoas usuarias.