O BNG acusa ao alcalde de Outeiro de Rei de “chachullos” nas constratacións

O voceiro do BNG en Outeiro de Rei anunciou unha campaña de denuncia pública dos “chanchullos” nas contratacións que se fan no Concello baixo a responsabilidade do actual alcalde do PP. “Imos traballar para que estes dedazos non continúen producíndose e erradicarémolos cando o PP perda a alcaldía no vindeiro ano” afirmou Xosé Ferreiro.

Ferreiro explicou que “estes chachullos afectan tanto ás contratacións de persoas (familiares, amigos de familiares, familiares de amigos e axentes electorais do PP) como de empresas ( a gran maioría dos contratos son a dedo a unha empresas moi determinadas e tamén relacionadas co entramado electoral do PP)”.

Na campaña iniciada polo BNG informarase a veciñanza “e pormenorizadamente” de como funciona todo entramado, informando de a quen e como beneficia cada unha das decisións a dedo do Alcalde”. O BNG garante que cando goberne “esta situación mudará, elaborando regulamentos que garantan a igualdade de oportunidades de todas as persoas e de todas as empresas á hora de prestar servizos para o concello”.

Etiquetas