A subdelegada estuda en Rábade a seguridade no colexio e no paso do tren

A Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou o Concello de Rábade, onde mantivo unha xuntanza co alcalde, Francisco Fernandez Montes.

Nesta reunión trataron temas como a Seguridade Cidadán, a seguridade viaria no entorno do Ceip Otero Pedraio, onde o Concello intenta que se instalen pasos de peóns elevados.

Os dous responsables volcaron o seu interese común sobre a construción dun paso peonil no centro da vila que sustitúa aá actual pasarela, e permita cruzar os veciños sen atrancos dun lado a outro da vila.

O alcalde informou a Subdelegada das diferentes xestións feitas co Ministerio e con Adif, nas que a Subdelegada se prestou a colaborar.

Etiquetas