Abre o prazo de inscrición para as escolas deportivas das Pontes

O Concello das Pontes mantén aberto o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais. Para o curso 2018-2019, o departamento de Deportes e Xuventude oferta un total de 13 disciplinas deportivas: atletismo, baloncesto,  hóckey a patíns, kaiak polo, king boxing, patinaxe, ximnasia rítmica, psicomotricidade, vela, xadrez, tenis, taekwondo​  e tiro con arco.

Os interesados en inscribirse poden facelo no Pavillón Polideportivo Municipal, de luns a venres de 9 a 14 horas. Para a escola de xinmasia o prazo de inscrición remata o 25 de setembro.

Consulta os horarios aquí

Etiquetas