Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O alcalde de Friol reúnese con Feijóo para tratar de futuros investimentos

Por 23 Setembro, 2018Sin comentarios

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, transmitiu ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo algúns dos proxectos que desde o Equipo de Goberno de Friol teñen en marcha e outros que o estarán no futuro. O alcalde fíxolle saber ao mandatario a importancia que ten en cada un deles a Xunta de Galicia a través das diferentes consellerías, as cales están apoiando económicamente algúns destes proxectos “tan necesarios para o municipio”.

O presidente e o alcalde valoraron positivamente as distintas vías de colaboración entre as dúas administracións. O presidente destacou o inicio da redacción do proxecto das obras de mellora da estrada de Friol a Palas de Rei, o cal espérase que se finalice nas próximas semanas para, dun xeito inminente, poder iniciar a expropiación dos terreos. Neste proxecto a Xunta investirá uns 6 millóns de euros. Feijóo tamén valorou que finalizase o novo e moderno albergue instalado no Municipio, o cal engadirá novos servizos para os peregrinos e con iso repercutirá económicamente na zona. O investimento inicial por parte de Turismo foi de 285.000 euros.

O alcalde transmitiulle ao presidente o agradecemento polos diferentes investimentos que desde a Administración autonómica estanse levando a cabo en Friol, por exemplo a rehabilitación do Centro social, no cal a Xunta aporta a totalidade dos 400.000 euros que supón executar dito proxecto, así como a nova traída de auga que fornecerá á totalidade dos veciños da parroquia de Prado e que darán comezo as obras antes de finalizar o mes de setembro, as cales serán financiadas a través de Augas de Galicia.

O presidente recordoulle ao rexidor a importante cifra que dende a Xunta estase investindo en Friol, dado que no que vai de ano e aínda a falta do último trimestre, a Xunta aportou ao Concello uns 7,5 millóns de euros, unha cifra moi importante.

Tanto o presidente como o alcalde manteñen boa sintonía en seguir colaborando en manter e ata aumentar o apoio aos servizos sociais, algo que ambos consideran prioritario para que os veciños de Friol poidan ter un nivel de vida digno.

Ambos dirixentes comparten a necesidade de continuar apoiando desde a Administración autonómica en manter nas mellores condicións posibles os accesos no rural, algo primordial para dinamizar e impulsar o sector primario, xa que logo a colaboración desde a Xunta de Galicia neste aspecto será máxima co Concello de Friol.

Tanto o presidente Feijóo como o alcalde valoran dun xeito positivo o compromiso da Xunta con Friol e continuarán nesa liña de estreita colaboración para que eses futuros proxectos que o alcalde deulle a coñecer ao presidente lévense a cabo e poidan ser unha realidade e desa forma poidan gozar deles todos os veciños do municipio.

José Á. Santos mostrouse moi satisfeito e contento do apoio que lle transmitiu o presidente, agradécelle o esforzo que desde as diferentes áreas autonómicas estase levando a cabo para intentar cubrir todas as necesidades de Friol e xa que logo repercuta en todos os veciños do seu municipio.