Comezan as reunións informativas do programa Educando en Familia

Localidades como Guitiriz e Castro de Rei comezan estes días coas reunións informativas sobre o programa Educado en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Preescolar na Casa.

Este programa educativo vai dirixido ás familias con nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos de idade ecudan ou non a outros centros educativos. O obxetivo do mesmo é contribuír á formación das familias e axudar a desenvovler plenamente as capacidades dos nenos a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educatica familiar.

No Concello de Castro de Rei a primeira reunión informativa terá lugar mañá, 25 de setembro, ás 11.00 horas no local social da antiga Biblioteca Pública de Castro de Ribeiras de Lea.

No Concello de Guitiriz desenvolverase o programa tamén este ano coa primeira reunión hoxe, 24, ás 16:0 horas no CEIP Lagostelle. O xoves 27 haberá reunión no CEIP Santo Estevo ás 10:30 horas e na Escola de Campoverde, ás 12.00.

Etiquetas