Últimos días para solicitar as axudas de apoio á escolarización nas Pontes

O venres 28 remata o prazo para solicitar as axudas de apoio á escolarización para o curso académico 2018-2019, para os alumnos  BAC e Ciclos Formativos que tiveran materias pendentes así como para outros estudos que formalicen a matrícula no mes de setembro.

Os veciños empadroados en As Pontes, con ingresos anuais que non superen os 19.500 euros, sempre que a parte do aforro da base impoñible non sexa superior ós 300 euros (RENTA 2016), poderán beneficiarse destas achegas están destinadas a atender os gastos de adquisición de libros e material escolar.

Etiquetas