A Biblioteca de Castro de Rei inicia as actividades para nenos

A Biblioteca de Castro de Rei recuperou a súa actividade regular tras o proceso selectivo dunha persoa responsable deste centro.

Tras o peche da contratación, comezou a funcionar novemente co servizo de préstamo, abriu redes sociais e está a deseñar un programa de actividades de incentivación á lectura entre o que figura unha sesión de contacontos que se desenvolverá o venres día 28 no centro a partir das 18:00 horas.

Este contacontos está dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos y versará sobre a historia de Florian e Alfombriña.

Etiquetas