Vilapedre celebra o sábado a Romaría de San Estevo

A parroquia vilalbesa de Vilapedre celebra o sábado 29 a Romaría de San Estevo, que dará comezo ás 13.30 horas coa misa solemne a a sesión vermú, que estará a cargo do dúo Pedriñas.

O eixe da festa será o xantar popular, no que haberá xamón cocido, polvo con cachelos, carne ao caldeiro, postre e café por un prezo de 24 euros para adultos e dez para os menores de dez anos.

Finalizarán a celebración coa verbena, que estará a cargo do mesmo grupo da sesión vermú e do dúo Areal.

Para evitar as inclemencias do tempo, o campo estará cuberto cunha carpa.

Os interesados en sumarse ao xantar, poderán recoller os tiquets no bar O’Adro.

Etiquetas