A Tasca do Liño convoca un concurso de debuxo infantil

A Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua vén de convocar unha nova edición do concurso de debuxo infantil Insua e o liño 2018 dirixiso a todos os pequenos entre 7 e 13 anos residentes na provincia de Lugo.

A organización establece como temática do concurso a celebración do X aniversario da recuperación do cultivo tradicional do liño na parroquia vilalbesa de Insua. Para elo, os participantes poderán presentar un máximo dun debuxo acompañado dunha breve descrición.

O prazo de participación xa está aberto e permanecerá así ata o 20 de outubro xa que os premios serán entregados ao gañador no transcurso da feira do día 27. Ese mesmo día haberá unha exposición con todos os traballos presentados.

Os premios consistirán en vale de compra de material escolar, lote de libros e diploma. Para o primeiro o vale será de 100 euros, para o segundo de 55 e para o terceiro de 35 euros.

Etiquetas