Detido o presunto autor de dous roubos a pasada semana en Vilalba

A Garda Civil detivo en Vilalba a G.G.R., de 54 anos de idade, veciño da mesma localidade como suposto autor do delito de roubo a unha septuaxenaria da parroquia de Rioaveso á que hurtou 25.000 euros.

A este home tamén se lle imputa un delito de roubo con forza nun establecemento comercial situado no termo municipal de Villalba cometido na madrugada do pasado día 20 de setembro, no cal subtraéronse 5 caixas de refrescos, 2 caixas de gaseosa, 5 caixas de cervexa e 15 sacos de penso para cans.

No marco da investigación policial trala denuncia interposta da sustracción de 25.000 euros do interior da vivenda a Garda Civil seguiu unha liña de investigación que indicaba de xeito sólido que o auto tiña que ser unha persoa residente no mesmo municipio.

O detido, polo tanto, tiña vínculos laborais coa prexudicada polo hurto, que lle permitiron ter un amplo coñecemento da vítima e a súa contorna próxima, así como da vivenda e o lugar aproximado onde gardaba o diñeiro.

No rexistro domiciliario efectuado da vivenda do detido os investigadores atoparon 20.800 euros ocultos nun oco da parede do desván da vivenda, así como outros obxectos de procedencia supostamente ilícita.

A investigación permanece aberta non descartando novas detencións.

Etiquetas