Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Ruta en Friol pola parroquia de Cotá

Por 2 Outubro, 2018Sin comentarios

A asociación Carballo Vivo de Friol organiza a nova ruta do Proxecto Algo máis que pan e queixo que ten por obxecto percorrer o concello parroquia a parroquia.

Nesta ocasión visitarán a parroquia de Cotá. A saída será o sábado 6 de outubro a partir das 11.00 horas con concentración na praza de Friol e saída en coches ata a praza da igrexa de Cotá. De aí sairá unha ruta guiada de 15 quilómetros que terá o seu final ás 14.00 horas.

Recoméndase o uso de calzado cómodo, impermeable, roupa deportiva e vara.

O proxecto Algo máis que pan e queixo ten como obxectgivo facer un percorrido por cada parroquai de Friol enlazando os diferentes elementos singulares que a conforman, como a historia, a cultura ou o patrimonio e facer ao mesmo tempo unha reportaxe fotográfica dos diferentes elementos. Tamén se recollerán lendas e hisotiras do lugar para facer un recompilatorio.