Guitiriz contará cunha nova ruta peonil ao longo do río Requeixo

O Concello de Guitiriz está traballando nas obras de adecuación dun novo roteiro dende a Ponte de Roca ata Buriz ao longo do río Requeixo (ou Roca), pasando pola presa de Narla.

Trátase dunha  zona de muíños e de rocas no medio do río dunha gran beleza paisaxística que ten unha extensión de dez quilómetros e que ten a denominación de Reserva da Biosfera.

Unha parte deste roteiro xa se pode facer, ata a presa de Narla, e xa conta con paneis indicativos pero a obra contan con tela rematarada na súa totalidade antes do fin do mes de outubro.

Esta senda aproveitouse para facela os carreiros de pescadores, na marxe esquerda do río. Ademais da adecuación do piso, contémplanse a construción de pontes para pasar á outra beira nas zonas de interese, así como a sinalización e a colocación de paneis ao tratarse dunha zona protexida de flora e fauna.

Esta obra conta cunha achega de 19.000 euros que aporta Rede Natura aos que se suman os 4.000 que aporta o concello. A intención do Concello con esta construcción é  “recuperar a ribeira e protexela”, indica Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz.

 

Etiquetas