O Concello de Friol ofertará cursos de balde de baile e ximnasia

O Concello de Friol iniciou no mes de setembro cursos de informática para maiores que terán unha duración de 60 horas.

As clases teñen lugar todos os martes entre as 16.30 e as 18.30 horas.

Esta é a primeira dunha serie de actividades de balde que o concello está preparando para as tardes do inverno. En principio, o alcalde, José Angel Santos, indicou que este ano haberá novamente cursos de baile e ximnasia de mantemento para mulleres, entre outras propostas.

“O obxectivo é optimizar os momentos de ocio e dárlle auxe á actividade física entre a poboación”, explica o alcalde.

Etiquetas