Skip to main content
Actualidade

O Concello supervisa o comezo do programa Pontes de Emprego III

Por 5 Outubro, 2018Sin comentarios

A tenente de alcalde, Montserrat García e o concelleiro de Réxime Interno e Recursos Humanos, José Alén, visitaron, acompañados polo delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, ós 12 alumnos que participan no obradoiro de emprego “Pontes de Emprego III”

Durante este encontro, Montserrat García recordou que se trata do terceiro obradoiro de emprego que que o Concello das Pontes pon en marcha, coa colaboración da Iniciativa de Emprego Xuvenil da Consellería de Economía, Industria e Emprego e o Fondo Social Europeo, feito que “referenda a aposta do goberno municipal pola formación para impulsar a competitividade laboral dos ponteses, para mellorar a súa cualificación e contribuír, de forma activa, a potenciar a súa empregabilidade en novos mercados laborais, en auxe e cunha alta demanda de profesionais”.

O obradoiro Pontes de Emprego III  é un programa  mixto de emprego e formación, dirixido mozos e mozas, menores de 30 anos que lles permitirá obter o certificado de profesionalidade en confección e publicación de páxinas web.

O programa consta de 874 horas de formación teórico-práctica que permitirá  que os alumnos adquiran coñecementos sobre deseño de estrutura web, tratamento de etiquetas e marcas, creación de plantillas e formularios e alta  de páxinas en buscadores. Asemade recibirán formación complementará sobre riscos laborais, sensibilización en igualdade de xénero, sensibilización ambiental. O alumnos contarán con asesoramento laboral  e empresarial e aprenderán nocións básicas sobre procura activa de emprego.

O orzamento deste obradoiro e de 145.696, 50 euros, dos cales 30.000 euros son aportados polo Concello das Pontes.