Skip to main content
ActualidadeMeira

O rallie San Froilán volverá a Meira 24 anos despois

Por 6 Outubro, 2018Sin comentarios

Tras unha pausa de 24 anos, o Rallie San Froilán 2018 voltará ás terras de Meira para disputar un dos seus tramos. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Agustín Méndez, que lembrou que o rallie volve a Meira aproveitando o 40 aniversario desta proba deportiva.

“Para nós era importante que Meira volvese a entrar no circuíto pola gran afección que hai polo rallie, debido tamén á que de aquí son os irmáns Vallejo, bicampións de España”, indicou Agustín Méndez.

Ademais de Meira, a proba, que terá lugar os día 26, 2 e 28 de outubro, desenvolverase por Outeiro de Rei, Friol e Pol.