Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol terá en novembro ximnasia de mantemento e baile

Por 8 Outubro, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol organiza como cada ano actividades para os seus veciños, entre as que se atopan cursos de baile e ximnasia de mantemento, ambas no pavillón municipal.

O Concello de Friol continúa ofrecendo á súa poboación feminina clases de ximnasia de mantemento, financiadas ao cen por cento polo propio Concello. O ano pasado o curso contou con máis de sesenta participantes de distintas idades. Nesta ocasión as clases darán inicio o martes 6 de novembro co mesmo horario que o ano anterior: os martes e xoves de 21:00 2 22:00 horas.

Ademais, dende o Concello este ano promoven novamente, os luns, cursos de baile con carácter totalmente gratuíto para todos os veciños de Friol, financiados con fondos propios. O horario da actividade será de 21:00 a 22:30 horas e o seu inicio será o luns 5 de novembro. Estes cursos veñen tendo unha alta participación desde o seu comezo por iso o alcalde, José Ángel Santos, “continuará facendo un esforzo económico desde o Concello para crear tempo de lecer entre a poboación”.

Ambos cursos teñen de prazo máximo para inscribirse ata o 30 de outubro, iso farase nas oficinas municipais, en horario de 9:00 a 15:00, de luns a venres.

O alcalde popular manifesta que “o sector que predomina non noso Concello é o agro-gandeiro, polo que a xornada laboral adoita durar ata altas horas da noite, por iso estes horarios, queremos crear accesibilidade e facilitar o máximo posible a vida dos nosos veciños, así coma ofrecer diferentes posibilidades de lecer”. Ademais afirma, “seguiremos pensando nos nosos veciños en cada inciativa deste equipo de goberno”. Actualmente estanse realizando cursos de informática para maiores, talleres de estimulación cognitiva para prevención do alzheimer, actividades de lecer en horario lectivo no colexio, con carácter gratuíto financiando pola administración local.