Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei presenta as súas actividades o 19 cun magosto

Por 9 Outubro, 2018Sin comentarios

O venres día 19 de outubro terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei ás 21:00 h a presentación das actividades de inverno de lecer, cultura, deporte e da Oficina de Información Xuvenil para a tempada 2018-2019.

Posteriormente, abrirase o prazo de inscrición para as actividades podendo anotarse todas as persoas interesadas.

Como remate do acto e ao igual que en anos anteriores terá lugar un magosto popular acompañado de pinchos variados no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz ao que están convidados todos @s veciñ@s do municipio, e que estará amenizado polo grupo de música tradicional Tirapadiante.