As festas en Rioaveso serán do 12 ao 14 de outubro

A parroquia vilalbesa de San Xurxo de Rioaveso celebrará as súas festas patronais na honra á virxe do Rosario a fin de semana do 12 ao 14 de outubro.

Os actos darán comezo o venres cunha gran churrascada e liscada gratis que estará amenizada pola actuación de La Hora Bruja.

O sábado, día grande, haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú co orquestra Alaska, a mesma que amenizará a verbena xunto a Kalima 3.0.

O domingo volverá o oficio relixioso repetindo hora e pechará a programación a actuación en sesión verbena de Alaska.

A organización lembra que haberá campo cuberto cunha carpa.

Etiquetas