Comeza a segunda tempada de BTTeando por Guitiriz

O Concello de Guitiriz e o Club Ciclista Btteiros Cova da Serpe estrearán este domingo 14 de outubro a segunda tempada das rutas BTTeando por Guitiriz. A primeira será a ruta da pedra de Xosé Xosé María Diaz Castro, un recorrido moi entretenido e precioso agora en outono, e asequible para maiores de 10 anos con un pouco de costume na bici de montaña.

As rutas do programa BTTEANDO por Guitiriz, consistin na celebración dunha serie de saídas en bicicleta polo concello co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio do mesmo e fomentar a práctica do deporte e os hábitos de vida saudables.

A primeira saída, ruta da pedra de Xosé Xosé María Diaz Castro, sairá ás 9:30 do campo da feira de Guitiriz e as 10:00 do campo da desta do Buriz. A organización lembra que é necesario o uso de casco e aconsellable o de luvas e chuvasqueiro en caso de choiva. Ademais de levar sempre unha peza de froita e auga.

Este tipo de actividades, que non teñen carácter competitivo, fanse un domingo ao mes ata maio. Cada ruta ten unha duracción aproximada de 3 ou 3 horas e media. A primiera, en outubro, será a ruta da Xosé María Díaz Castro. O 11 de novembro será a do Muíño da Ruxida, en Parga. O 16 de decembro a ruta das Bidueiras. O 13 de xaneiro o pantano de San Xoán, o 10 de febreiro a ruta da Cova da Serpe, o 17 de marzo a do Camiño Real, o 14 de abril a do Camiño Norte de Santiago e por último o 12 de maio farase unha ruta sorpresa para clausar así a tempada.

Etiquetas