As Pontes celebra a VI proba do Campionato de Galicia de Karting

O circuíto das Pontes acollerá a fin de semana do 13 e 14 de outubro a VI proba do Campionato de Galicia de Karting, na que participarán uns 40 pilotos en sete categorías, rookies (ata 8 anos), alevín, cadete, X30, Superx30, Open125 e KZ2.

O campionato arrincará o sábado cos adestramentos libres, que serán de 11.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 19.00 horas, con roldas de 15 minutos por categoría. O domingo será a competición oficial. Ás 9.00 faranse as verificacións para a continuación comezar ás 10.15 cos adestramentos libres. Os oficiais serán a partir das 11.45 horas e as semifinais e finais comezarán ás 13.15 horas.

Etiquetas