A ITV móbil estará no Concello de Friol

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará 11 días de novembro no Concello de Friol para atender a todos os veciños do termo municipal. Concretamente estarán neste concello o 9, do 12 ao 16 e do 19 ao 23.

A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás o 9, 16 e 23, que só atenderá pola mañá. A devandita unidade estará situada no Mercado Gandeiro.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.

 

Etiquetas