Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Eira da Xoana renderá unha homenaxe o día 20 a Alfonso Branco Torrado

Por 15 Outubro, 2018Sin comentarios

A Eira da Xoana, situada na parroquia de Agolada de Pontevedra, rederá unha homenaxe a Alfonso Blanco Torrado, presidente e impulsor de Xermolos de Guitiriz.

A cita será o sábado día 20 ás 14:00, que se celebrará o tributo a Alfonso Branco Torrado, que naceu en Montevideo en 1950 e foi un sacerdote, ensaísta, mestre e dinamizador cultural galego, afincado en Guitiriz. É o presidente, fundador e coordinador da Asociación Cultural Xermolos e o promotor do Festival Musical de Pardiñas, e tamén foi dinamizador cultural de toda a Terra Chá.

A xornada empezará cunha comida de confraternidade ás 14:00 horas e ás 17:00 horas está previsto que arrinquen as actividades de homenaxe a Alfonso Blanco. Os interesados poderán obter máis información na páxina web eiradaxoana. gal Mentres, os primeiros sábados de cada mes celébranse neste lugar diversos talleres de música, concretamente de canto, pandeireta e baile tradicional que están impartidos por Noa Seixo e Ricardo Seixo.

En edición anteriores foron lembrados Moncho Valcarce, Xosé Chao Rego e outras e outros  que se entregaron xenerosamente á construcción do pobo. Esta actividade está organizada por ADEGA e Fundación Eira.