O proxecto europeo Life Fluvial comezou coa mellora da contorna da Lagoa do Rei

O programa Life Fluvial da UE, capitaneados polo Ibader o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desevolvemento Rural da USC, no que colaboran, entre outras Institucións o Concello de Rábade, comezou a materializarse na vila, por medio das obras de mellora do entorno da Lagoa do Rei.

Estas obras, que executa a empresa Tragsa, comenzaron nestes días e consisten entre outras na eliminación de especies invasoras e a sua sustitución por especies máis axeitadas ó entorno, a corrección topográfica dos bordes da Lagoa para mellorar a adaptación dos anfíbios, a conexión da Lagoa coa Ruta Perimetral Rabadense e co Río Miño, ampliando os tramos de sendeiro e a sua sinalización, así como a mellora do observatório e a retirada de residuos existentes.

Este programa, no que o Concello de Rábade participa, está financiado con 3 millóns de euros maiormente procedentes de Fondos da UE, e destínase á mellora de varios corredores fluviais na rexión atlántica Ibérica

Etiquetas