Festas en Roimil na honra da virxe do Rosario

A parroquia friolesa de Roimil celebrará as súas festas patronais na honra á virxe do Rosario a fin de semana do 19 ao 21 de outubro.

Os actos darán comezo o venres cunha gran verbena a cargo da orquestra Miramar.

O sábado, día grande, haberá misa solemne ás 13.o0 horas con procesión e sesión vermú co orquestra Los Trovadores, a mesma que amenizará a verbena.

O domingo volverá o oficio relixioso repetindo hora e pechará a programación a actuación en sesión de tarde coa orquestra Compostela.

Etiquetas