Skip to main content
ActualidadeMuras

O Trail das Bestas de Muras contará con servizo de ludoteca para os máis pequenos

Por 18 Outubro, 2018Sin comentarios

Para aqueles que queiran participar no Trail das Bestas de Muras, que terá lugar o 4 de novembro, haberá un servizo de Ludoteca para os seus cativos durante o tempo que dure a carreira. Con esta oferta faise posible que haxa moitos máis participantes, xa que posibilita que alguén quede ao coidando dos vosos fillos. Sempre e cando teñan entre 3 e 14 anos.

O percorrido do Trail será circular con saída e meta na Área recreativa da Veiga. Nesta edición a proba discurrirá pola Serra do Xistral, un marco espectacular e dun gran interese natural. Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de plástico nos cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable nalgúns puntos.

INSCRICIÓNS E DISTANCIAS:

Distancia Maratón 43 kms:
22€ ata o día 26 de outubro ás 23:59
26€ do 27 de outubro ata o día 1 de novembro ás 22:00

Distancia Media 26 kms:
18€ ata o día 26 de outubro ás 23:59
22€ do 27 de outubro ata o día 1 de novembro ás 22:00

Distancia Curta 14 kms:
16€ ata o día 26 de outubro ás 23:59
20€ do 27 de outubro ata o día 1 de novembro ás 22:00

Andaina 14 kms:
9€ ata o día 26 de outubro ás 23:59
13€ do 27 de outubro ata o día 1 de novembro ás 22:00

 

HORARIOS

07:30 a 09:00    Recollida de dorsais
08:30                 Saída Maratón
09:30                 Saída 26 km, 14km e andaina