Volve a actividade de baile a Guitiriz

O Concello de Guitiriz comezará o domingo 21 de outubro de novo coa actividade de baile de salón, que se ven celebrando cada ano durante o outono, inverno e primavera.

Esta desenvolverase, como sempre, os domingos de 17:00 horas a 20:00  horas no soto da Casa Habanera.

A actividade, coordinada polo servizo de voluntariado do Concello de Guitiriz, está dirixida a todos os públicos.

CERÁMICA. Por outra banda, o Concello de Guitiriz amplía o prazo de matrícula do curso de cerámica ata o 31 de outubro.

Todos aqueles que estean interesados en  anotarse poden facelo  ben de xeito presencial no Concello, ou ben por teléfono no 982 370 109 ou ben por e.mail en info@concellodeguitiriz.com.

O curso de cerámica celebrarase todos os venres entre as 11.30 e as 13.00 horas polas mañás e entre as 18:00 e as 19:30 horas pola tarde.

O lugar de celebración é o soto da Casa Habanera e o prezo do mesmo será 20 euros ao mes.

 

Etiquetas