Skip to main content
ActualidadeVilalba

Así foi a charla socialista en Santaballa sobre a igualdade da muller no rural

Por 22 Outubro, 2018Sin comentarios

Veciños e socialistas de Vilalba debateron na Escola Habaneira de Santaballa sobre a importancia da igualdade  da muller no rural. Trátase da xornada organizada pola Agrupación Socialista coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Agarimo de Santaballa co gallo do Día Internacional da Muller Rural. Participaron a voceira do Grupo Municipal Socialista de Vilalba, Elba Veleiro, a Presidenta da Comisión de Igualdade no Congreso dos Diputados, Pilar Cancela, e a voceira de FADEMUR (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais), Rosa Arcos.

Os vilalbeses puxeron en valor o papel fundamental que xogan as mulleres na vida e nas economías das familias, sendo un dos piares para garantir a vida no rural, fixando poboación no territorio. Con esta conferencia os socialistas poñen en valor e visibilizan o traballo do tecido asociativo en Vilalba.