Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz recomenda non consumir a auga da traída

Por 23 Outubro, 2018Sin comentarios

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, emitiu un bando no que recomenda que non se use a auga da traída polo seu alto contido en ferro mentres non se solucione o problema.

Segundo comunica o Concello, nas últimas análises realizadas detectouse unha concetración de ferro de 1.700 miligramos por litro. Estes estudos fixéronse ao detectar un color escuro na auga.

Así mesmo, “o concello despois de facer un estudio exhaustivo de todas as posibilidades encamiñadas a solucionar o problema; consultouse a varias empresas expertas no sector, vaise instalar un filtro desferrizador para eliminar o ferro existente nos depósitos de distribución de auga” explica o bando, no que tamén se negade que os traballos teñen unha duración estimada de 20 días.

Por parte do concello, vaise solicitar axuda técnica a outros organismos públicos, neste caso a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Territorio, co fin de buscar unha solución definitiva ao problema.

Ao mesmo tempo o concello pretende recuperar da tubaria de “by pass” para que a auga procedente dos mananciais da Serra do Cordal de Montouto vaian directamente os depósitos sen pasar polo propio pantano e evitar o problema de ferro na auga.

No último pleno tratouse tamén o tema da auga a proposta da oposición, formada polo PP, o BNG, un edil non adscrito e un independente. Na proposta solicitaban os nacionalistas que os veciños non paguen os últimos recibos de auga en compensación polos problemas que teñen e que se limpen os depósitos de Parga e de Guitiriz.

A solicitude principal ao Goberno local consistía en que o Concello poña todos os medios para solicionar o problema o antes posible.