Rábade e Pol organizan senllos cursos de defensa persoal para mulleres

Os concellos de Pol e Rábade, seguindo un pouco a tendencia actual da formación das mulleres en autodefensa veñen de organizar senllos cursos de defensa persoal e autocapacidades.

Esta formación está dirixida a mulleres de máis de 18 anos e se celebrará entre os días 24 e o 26 de outubro.

Así, no Centro sociocultural de Rábade a formación será de 9:30 a 13:30 horas e a inscrición realizarase no departamento de servizos sociais.

En Pol o curso será os mesmos días de 16:00h a 20:00h, no Centro Sociocultural de Mosteiro. Para inscribirse pasar polo Concello ou chamar ao 982345029.

Os cursos serán impartidos por policías nacionais en colaboración coa Federación Galega de Loita.

Etiquetas