Skip to main content
ActualidadeVilalba

Cancelado o musical A Sirenita en Vilalba

Por 25 Outubro, 2018Sin comentarios

O organizador do evento La Sirenita, Candileja Producciones Teatrales S.L, optou por cancelar a representación prevista en Vilalba ara o día 4 de novembro ás 17.00 horas por non acadar o número de entradas vendidas previsto.

Ataquilla encargarase da devolución das entradas.

A Sirenita, unha aventura ecolóxica e un musical producido por Candileja Producións para toda a familia onde os personaxes que creou o escritor Hans Christian Andersen cóntannos esta divertida aventura que vai desde o mar ata a Terra aportando valores como o agarimo pola natureza e a importancia do seu coidado mediante a reciclaxe. O musical foi valorado como un dos mellores espectáculos para toda a familia grazas á súa mensaxe e calidade artística. Escrito e dirixido por Jesús Sanz-Sebastián, gañador do premio CREA nos premios do Teatro Musical, o espectáculo conta cunha coidada posta en escena, marabillosos vestiarios, marionetas e perrucas que crearán momentos inesquecibles; todo a ritmo de grandes números musicais que van desde o pop ao soul.