Estudiantes do Lois Peña Novo de Vilalba fórmanse sobre o alzheimer

Os alumnos do ciclo medio de Dependencia do IES Lois Peña Novo desprazáronse ata Lugo para participar no Programa Rede Paraugas Alzheimer, asistindo a unha charla de Carlos Spuch, neurocientífico da Rede galega de investigación en demencias.

Trátase do Taller DIVULGAMENTE, que forma parte dos Talleres Didácticos no marco do programa Red Paraguas Alzheimer. É un proxecto de sensibilización interxeneracional, impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia que ten coma obxetivo mostrar dunha maneira cercana e dinámica que son as demencias, como afectan ao cerebro e os diferentes tipos existentes, acercando aos máis novos a realidade desta doenza.

Promovido e executado en colaboración coa Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) e Fundación Barrié este programa, nado en maio de 2013, ten como obxectivo apoiar ás familias con enfermos de Alzheimer no rural galego con atención e apoio directo aos coidadores de enfermos de Alzheimer e unidades de memoria para os afectados.

Esta charla combinouse coa visita de AFALU ao centro educativo e a visita ao seu centro especializado en alzheimer e outras demencias neurodexenerativas na cidade de Lugo.

Etiquetas