O Concello de Vilalba prepara os premios do Deporte

De cara á celebración da III edición da Gala do Deporte, o Concello de Vilalba vén de publicar as bases reguladoras dos premios que concede o Servizo municipal de Deportes coa finalidade de apoiar, motivar e incentivar aos deportistas que obtiveron resultados deportivos destacados no ano 2017/2018.

Para poder ser beneficiario destas axudas, os solicitantes deberán cumprir, a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, tres requisitos, estar empadroado no Concello, ter licenza federativa e ter méritos deportivos entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Vilalba (tramitación electrónica) ou na oficina de deportes do Concello de Vilalba.

As solicitudes formalizaranse según o modelo de solicitude que figura no anexo I. O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 16 de Novembro do 2018 (14:00 horas).

O importe total destinado ás axudas é de 3.000 euros.

Por outra banda, o Concello de Vilalba, coa finalidade de achegar unha parte da organización da III Gala do deporte aos clubs, asociacións e entidades e empresas vinculadas ao deporte municipal, vén de lanzar unha enquisa para escoller o día da entrega dos premios, así como os beneficiarios dos mesmos. O prazo de participación nesta enquisa é ata o 29 de novembro.

Etiquetas