A ITV agrícola estará en Guitiriz en decembro

A unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará os días 4, 5 e 10 de decembro no Concello de Guiritiz para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 os dous primeiros días mentres que o 10 só atenderá pola mañá. A devandita unidade estará situada os tres días no Polígono Industrial de Guitiriz.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.

Etiquetas