Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba celebra o sábado 3 a Noite Aberta

Por 31 Outubro, 2018Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba celebrará o día 3 de novembro a Vilalba Noite Aberta. Trátase dunha xornada vespertina onde as tendas da vila estarán abertas de 21:00 ata media noite.

Ademais, haberá un desfile de moda solidario que comezará ás 18.30 horas do sábado no Auditorio Carmen Estévez. A entrada é de balde e a recadación irá destinada para Os Peludiños e Cáritas. Durante o desfile sortearanse vales desconto para as tendas da Noite Aberta.

Colaboran Ytalí peluqueiros, Asociación Cultural en Movemento e o Concello de Vilalba.