Vilalba acolle unha charla sobre riscos laborais no comercio

A Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Federación de Comercio de Lugo, e a Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes, impartirá o luns, 5 de novembro, unha Xornadas de Sensibilización en Prevención de Riscos Laborais no comercio de proximidade.

A sesión terá lugar en Vilalba a partir das 20.30 horas, na sede da Asociación Sete Pontes (Rúa do Castiñeiro).

Con esta iniciativa, que se desenrolou por toda Galicia, preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e traballadores do sector do comercio retallista; reforzar as medidas preventivas establecidas por Lei tendo en conta as particularidades do sector; introducir ós traballadores para que poidan adoptar pautas de acción seguras e saudables; afondar nos principais accidentes laborais que se producen no sector e as súas causas e medidas preventivas; e diminuir a sinistralidade laboral, entre outros obxectivos.

Etiquetas