Skip to main content
Actualidade

A Deputación ofrecerá gratis aos concellos o servizo de recadación de impostos

Por 4 Novembro, 2018Sin comentarios

A deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, informou que o Goberno da Deputación presentará ao Pleno unha proposta para ofrecer de xeito totalmente gratuíto o servizo de recadación de impostos aos concellos.

A deputada explicou que durante os últimos 10 anos, este Executivo Provincial foi reducindo a porcentaxe de cobro pola prestación deste servizo, do 6% existente en 2007 ao 1% deste 2018, o que produciu un aforro ás arcas dos Concellos superior aos 23 millóns de euros.

García Bermúdez explicou que “dende o Goberno decidimos aliviar aos concellos teñen delegada a recadación de impostos na Deputación, co fin de que poidan aumentar a súa liquidez e realizar novos investimentos. Para elo, no suposto de ingresos extraordinarios, efectivos e dun importe cuantitativamente significativo, como pode ser o derivado da regularización catastral, farase unha entrega a conta da liquidación anual e definitiva, polo importe dos ingresos, sen esperar ao exercicio seguinte”

“O noso traballo consiste na recadación de impostos aos 62 Concellos que teñen delegado este servizo, que ingresamos na arcas municipais e que incluso adiantamos con fondos propios desta institución para axudalos. Facémolo sendo coñecedores de que moitos destes municipios non teñen medios humanos nin cartos para facelo”.

Ademais, a Deputada subliñou que dentro da nosa clara aposta por unha Deputación coas persoas, dende o 2017, ofrecemos aos veciños facilidades de pago;  a través do fraccionamento en dous prazos de débedas de vencemento periódico; pago fraccionado das débedas de ata 24 meses; ou a non esixencia de aval bancario cando a débeda non supere os 30.000 euros.

García Bermúdez explicou tamén que este proposta favorécese a recadación doutras taxas e prezos públicos municipais, xa que ata o de agora os padróns  non podían referirse a períodos inferiores a seis meses, e agora eliminamos esta limitación coa finalidade de facer máis doado o pago dos mesmos aos contribuíntes.