Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Un de cada catro mozos incorporouse ao sector da carne de vacún

Por 4 Novembro, 2018Sin comentarios

A xornada técnica sobre as indicacións xeográficas protexidas Vaca Galega e Boi Galega e a de Ternera Gallega, celebráronse en Lugo onde se destacou a importancia e o éxito que está tendo o sector cárnico de vacún galego. Así, os datos mostran que un de cada catro mozos incorporados o pasado ano á actividade agraria (120 de 466) o fixo neste sector, acaparando o 24,5% do importe total das axudas concedidas, que oscilan nuns 3,6 millóns de euros.

Os bos datos do sector son grazas ao esforzo e profesionalidade dos gandeiros, dos membros do consello regulador e de toda a cadea do sector. En Galicia producese arredor do 15% do total nacional de carne de vacún, sendo a segunda comunidade en número de cabezas de gando, cun 16% do conxunto de España. Pero se nos referimos á carne amparada por un selo de calidade, a Ternera Gallega é a líder nacional, xa que acumula máis da metade do produto que se comercializa con indicación xeográfica protexida. Tamén existe un factora calidade como determinante e diferenciador das producións agroalimentarias. De aí que esa calidade sexa un dos sinais distintivos de Ternera Gallega.

IXP Ternera Gallega

Os datos de 2017 amosan a consolidación da IXP Ternera Gallega, cun incremento do número de tenreiros rexistrados do 6% (ata chegar aos 133.909 o pasado ano) e unha subida das canais certificadas do 0,5% (foron 94.339 en total, cos datos de 2017). Tamén se incrementaron as cifras de explotacións inscritas nun 1,1%, ata chegar ás 8.249 e mantivéronse estables outros indicadores importantes, como o número de industrias e comerciais rexistradas (96), as toneladas de carne certificada (20.657) ou a cifra de negocio, que volveu roldar os 118 millóns de euros.