Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Arrincan en Friol as clases de baile e ximnasia de mantenento

Por 5 Novembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol costea cada ano actividades para os seus habitantes, entre as que se atopan baile e ximnasia de mantemento para mulleres, ambas as dúas no pavillón municipal.

Como o ano pasado, o Concello de Friol continúa, como cada ano, ofrecendo á súa poboación feminina clases de ximnasia de mantemento. Na pasada edición, o curso contou con máis de 40 de participantes de distintas idades. Nesta ocasión as clases deron inicio o martes 6 de novembro co mesmo horario que o ano anterior: os martes e xoves de nove a dez da noite.

Ademais, desde o Concello este ano promoven novamente os luns, cursos de baile con carácter totalmente gratuíto para todos os veciños financiados con fondos propios. O horario desta actividade será de nove a dez e media da noite; o seu inicio será o luns cinco de novembro. Estes cursos veñen tendo unha alta participación desde o seu comezo por iso o alcalde non descarta “seguir facendo un esforzo económico desde o Concello para crear tempo de lecer entre a poboación”.

O alcalde popular José A. Santos manifesta “o sector que predomina non noso Concello é ou agro-gandeiro, polo que a faena adoita durar ata a beira da noite, por iso estes horarios, queremos crear accesibilidade e facilitar o máximo posible a vida dos nosos veciños, así coma ofrecer diferentes posibilidades de lecer”. Ademais afirma: “seguiremos pensando nos nosos veciños en cada inciativa deste equipo de goberno”.

Actualmente estanse realizando cursos de informática para maiores, talleres de estimulación cognitiva para prevención de alzheimer, actividades de lecer en horario lectivo no colexio, todo iso con carácter gratuíto financiando pola administración.