Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXAVilalba

Deteñen a tres rumanos por varios roubos en Vilalba e Rábade

Por 7 Novembro, 2018Sin comentarios

A Garda Civil detivo a tres rumanos no lugar de O Santo, en Vilalba, cando foron sorprendidos cometendo un roubo. Iniciaron unha investigación policial verificando cos detidos pertencían a unha banda organizada, asentada na comarca desde fai meses, coa principal finalidade de cometer roubos con forza, ocultando os efectos subtraídos nun piso situado no casco urbano de Vilalba, onde supostamente residen cinco persoas desta nacionalidade.

Tras realizar unha entrada e rexistro da vivenda, lográronse recuperar numerosos efectos e medios utilizados supostamente para cometer os delitos, imputándolles tamén a autoría de dous roubos con forza cometidos nun comercio situado na localidade de Rábade, tres delitos de roubo con forza en tres establecementos hostaleiros e roubos en institutos e colexios da localidade de Villalba.

O material recuperado foi entregado aos seus lexítimos propietarios, aínda que continúan as investigacións para devolver todos os efectos aos seus donos.