Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

A Garda Civil investiga a un home por fuxir dun control de Tráfico

Por 8 Novembro, 2018Sin comentarios

A Garda Civil investiga a un veciño de Lugo de 22 anos como suposto autor dun delito contra a seguridade vial. Esta persoa foi interceptada na estrada N-640, no termino municipal de Castro de Rei. Ao darlle o alto os axentes nun control de velocidade, fixo caso omiso, continuando a súa marcha por vías secundarias anexas, sendo identificado cando volveuse incorpor á vía principal.

Tamén en materia de tráfico, a Garda Civil investiga no término municipal de Rábade a un veciño de Castro de Rei, de 43 anos, como suposto autor dun delito contra a seguridade vial.

A persoa investigada foi identificada cando circulaba cun vehículo a motor sen permiso de condución.

As dúas persoas pasaron a disposición xudicial.