Remata a instalación de cámaras de vixilancia no polígono de Castro Ribeiras de Lea

O Concello de Castro de Rei vén de rematar os traballos de instalación dun total de 14 cámaras de videovixilancia na contorna do polígono industrial de Castro Ribeiras de Lea.

Trátase de once cámaras tipo IP con grabación día e noite, 3 cámaras lectoras de matrícula, un disco duro para o sistema de grabación de imaxes e datos e a instalación dos armarios onde se gardará o cableado e o disco duro.

Básicamente, son cámaras de control de tráfico e están ubicadas na entrada e saída do propio polígono co obxetivo de aumentar a seguridade das empresas, xa que aínda que están previstas para o tráfico farán un efecto disuasorio para evitar roubos.

Esta iniciativa está apoiada pola asociación de empresarios do polígono, que din que “tanto son boas para regular o tráfico como para aumentar a seguridade. Polo menos agora terano máis complicado”.

O último roubo no polígono foi no 2016 na nave multiusos que ten o propio Concello da que os cacos levaron un todoterreo e maquinaria municipal.

No polígono de Castro existen case 30 empresas de diferentes sectores, e xa non quedan parcelas libres, por iso, dende a asociación de empresarios do polígono insisten na ampliación, que podería sumar 4,5 hectáreas que farían un total de 22 novas parcelas.

Esta mellora financiouse con 30.000 euros da Consellería de Economía e Industria.

Outra das actuacións no polígono é a obra de pavimentación dos viais e a renovación do alumeado do parque empresarial, a cal destinaronse 96.000 euros dos cales o 80% está financiado pola Consellería. Os traballos tamén remataron estes días.

 

 

 

Etiquetas