Comeza en Santaballa un obradoiro teatral para traballar a comunicación

A Liga Santaballesa, coa colaboración da Asociación de Mulleres Agarimo, organizan un obradoiro teatral para mellorar e traballar a comunicación. O grupo Maisqueteatro será o encargado de ensinar as técnicas.

A actividade está dirixida a nenos de entre 7 e 14 anos, e será todos os sábados ata febreiro de 16.00 a 18.00 horas, excepto no Nadal.

Os exercicios están relacionados coa lenguaxe verbal e non verbal, a resolución de conflictos, as dinámicas de grupo e o aprendizaxe.

Este obradoiro ten un prezo de 20 euros para os socios y de 25 para os non socios. Os interesados poden poñerse en contacto e preguntar dúbidas no 637 029 775.

Etiquetas