Comeza a selección do deportistas que serán premiados na Gala do Deporte

De cara á celebración da III edición da Gala do Deporte, o Concello de Vilalba vén de publicar as bases reguladoras dos premios que concede o Servizo municipal de Deportes coa finalidade de apoiar, motivar e incentivar aos deportistas que obtiveron resultados deportivos destacados no ano 2017/2018. A gala terá lugar finalmente 0 19 de xaneiro, no Auditorio Carme Estévez de Vilalba a partir das 20:00 h.

Serán os propios clubs, institucións, asociacións ou outras entidades, os que propoñan aos seus deportistas, directivos, técnicos e colaboradores para recoñecer o seu labor, ben pola súa traxectoria deportiva, labor directivo ou de apoio ao deporte en xeral dende o seu ámbito de actuación, debidamente documentado e xustificado en base a méritos deportivos obtidos.

Así mesmo, a comisión técnica (formada por membros representantes de organizacións deportivas do  concello), poderán nominar no apartado de mencións especiais, a quen crea convinte, sempre xustificando ditos méritos ou labores deportivos.

Haberá once categorías, nas que se escollerá ao mellor deportista, equipo, promesa, club, adestrador, club de deporte base, labor informativa, traxectoria deportiva, evento, equipo ou actividade con discapacidade e tres mencións especiais.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Vilalba (tramitación electrónica) ou na oficina de deportes do Concello de Vilalba. O prazo para a presentación será ata o 23 de novembro do 2018 (14:00 horas).

Etiquetas