Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

A segunda Xuntanza Cabalar desenvolverase entre Castro e Pol

Por 23 Novembro, 2018Sin comentarios

O día 24 de novembro haberá unha xuntanza cabalar por diferentes parroquias de Castro de Rei e Pol. Esta edición do encontro equino, contará cunha ruta moi interesante que sairá do bar Fénix de Castro Ribeiras de Lea ás 10:30 horas, para cabalgar dirección Mosteiro de Pol.

Os xinetes poderán gozar duns pinchos na metade da ruta, e despois levarase a cabo un xantar conxunto no restaurante Saleta de Mosteiro. Tan só teñen que apuntarse antes do mércores 21 de novembro e abonar 20 euros polo prezo do xantar.