Skip to main content
ActualidadeVilalba

Dúas fotógrafas de Vilalba premiadas polo seu traballo

Por 14 Novembro, 2018Sin comentarios

As irmáns vilalbesas Yolanda e Inma Purriños, que rexentan o estudo fotográfico do mesmo nome de Vilalba veñen de recibir varias distincións no Certame de Calificacións da Fepfi (Federación Española de profesionais da fotografía e da imaxe). O xurado deste organismo concedeulles un mérito prateado 3 e un dorado en Colección de Honra.

“Estes premios significan moito, xa que nos di como está o noso traballo, en que nivel nos movemos e que o esforzo que facemos para estar en continua evolución vese recompensado”, explican.

Ademais, Yolanda vén de recibir tamén o premio á Excelencia Fotográfica por un proxecto de seis fotografías sobre xente do seu pobo que segue traballando e amosando a súa valía a esta avanzada idade. “É unha homenaxe a eles e a outra moita xente para a que o traballo é todo”. Así mesmo, a autora está nomiada a Mellor Fotógrafo do ano en retrato.

A súa irmá Inma tamen está nominada a Mellor Fotógrafo do ano en paisaxe. Estes premios entregaranse no mes de xaneiro en Valladolid.

Segundo explican as dúas irmáns “é para nós toda unha honra ter tantos premios ano tras ano, ao conciliar o traballo diario coa nosa obra persoal e ademais coa nosa vida familiar, exercer de nais e demais non é fácil, por iso estamos súper orgullosas”.