Detidos por roubo en Vilalba e Meira

A Garda Civil detivo a un veciño de Lugo, de 46 anos de idade como suposto autor dun delito de hurto dunha batería e dunha placa solar no término municipal de Meira, valorados ambos en 625 euros.

Tamén detivo ás 17.15 horas do xoves na localidade de Vilalba a unha veciña de Muimenta de 32 anos de idade, como suposta autora dun delito de hurto dun bolso, o cal contiña diversa documentación e 1.500 euros en efectivo.

Etiquetas